capricho

capricho

(

  1. s m
    1. Desexo vehemente ou propósito sen fundamento razoable.

      Ex: O seu capricho levouno a comprar unha nova casa. Tivo un capricho repentino e non puido resistir o desexo de comer amorodos temperáns.

      Confrontacións: veleidade, zuna.
    2. Persoa, animal ou cousa obxecto dese capricho.

      Ex: Aquel posto directivo era o seu capricho.

  2. s m
    1. Adorno innecesario que non obedece a ningunha conveniencia.

      Sinónimos: adobío.
    2. [ARTE]

      En pintura e gravado, composición orixinal e fantástica que evita as regras e convencións ordinarias. A palabra foi empregada xa no s XVI por Vasari. O xénero estendeuse no s XVII a través da obra de Jacques Callot, Caprici di varie figure (Caprichos de varias figuras, 1617), e no XVIII a través das de Tiepolo e de Guardi. Destacan os Caprichos de Goya que teñen, ademais, unha intención social e crítica.

    3. [MÚS]

      Fragmento instrumental vogal de forma libre que no Barroco se identificou co ricercare e coa fantasía. Ao comezo do s XVIII tamén designaba aquelas obras didácticas difíciles, especialmente para violín (Locatelli, Rode, Paganini).

Refráns

  • Sama con gusto non pica, o canto é sama sen el.
  • Sama con gusto non pica.

Palabras veciñas

capreolado -da | Capreolus | Capri | capricho | caprichoso -sa | capricornio | Capricornio