capricornio

capricornio

(< lat Capricornus ‘corno de

  1. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto coleóptero adulto, da familia dos cerambícidos, caracterizado por presentar as antenas moi longas.

  2. s m [ANIMAL]

    Mamífero do xénero Capricornis da familia dos bóvidos, de pelame mesto de cor acastañada, cabeza abrancazada co fociño sen pelo, cornos pequenos, estreitos e rectos e pezuños fondamente divididos e separados para facilitar os desprazamentos nos medios rochosos. Son animais solitarios que marcan o territorio impregnando as superficies cunha secreción das glándulas infraorbitais e vixiando dende un alto o seu territorio. No período de celo o macho incita a femia á cópula golpeando as patas posteriores coas patas anteriores. Os cornos sérvenlles aos machos para defenderse de posibles depredadores ou doutros machos que invaden o seu territorio. Existen dúas especies: o capricornio do Xapón (Capricornis crispus) e o capricornio de Sumatra (Capricornis sumatraensis), propio das rexións montañosas de Sumatra, sur de China e Himalaia.

  3. adx e s m

    Que ou quen naceu baixo o signo zodiacal de Capricornio, décimo signo do zodíaco.

    Ex: O seu fillo é un capricornio con ascendente acuario.

Palabras veciñas

Capri | capricho | caprichoso -sa | capricornio | Capricornio | Capricornis | caprificación