capuchina
capuchina
(< capucha)
-
s
f
[PLANTA]
Herbácea rastreira ou rubideira de ata 65 cm de longo, de follas alternas, redondas, duns 15 cm de diámetro e pecíolo central, flores zigomorfas de 6 cm de diámetro con cinco sépalos, un deles con esporón cilíndrico, e cinco pétalos amarelos ou vermellos. Orixinaria de Sudamérica, en Galicia cultívase como ornamental e pode aparecer naturalizada.
-
s
f
[GRÁF]
Cada un dos topes que nas minervas se empregaban para guiar o papel. Orixinariamente estaban feitos cunha tira de papel dobrada cunha forma semellante a unha capucha.