caramelo

caramelo

(< lat calamellu, dim de calămu 'cana')

  1. s m [ALIM]
    1. Líquido pastoso de cor marrón escura, con olor a azucre queimado, soluble en auga e alcohol diluído, que se obtén mediante o quentamento da sacarosa (180-190°C) ou glicosa (198°C), engadindo pequenas cantidades dun álcali. Pode conseguirse un líquido ou un sólido amorfo máis ou menos escuro, como resultado da caramelización de distintos hidratos de carbono en presenza de álcalis. O caramelo úsase na elaboración de flans, cremas e outras especialidades pasteleiras, ademais de como colorante en determinadas bebidas, en xeral non alcohólicas.

    2. Alimento de formas moi diversas (pastillas, barras, etc), que está formado por unha pasta de azucre, glicosa e outros ingredientes concentrados mediante calor que, unha vez fríos, endurecen sen cristalizar. Polo xeral, engádeselle aroma e cores. Na súa formulación poden intervir graxas, diversos recheos, acidulantes, etc.

  2. s m

    carambelo.

  3. s m [ALIM]

    Aroma característico do viño de Madeira e de determinados viños licorosos.