Carballo Carballo, Francisco

Carballo Carballo, Francisco

Escritor. Sacerdote membro da congregación da Misión de San Vicente de Paúl, licenciouse en Historia e Teoloxía pola Universidad Complutense de Madrid en 1954. Posteriormente, ampliou estudios en Barcelona, Salamanca e Roma, e exerceu a docencia entre os anos 1965 e 1985 en Salamanca e Vigo. Colaborou en diversas publicacións (A Nosa Terra, A trabe de ouro, Encrucillada, etc), con artigos como os titulados: “A igrexa ante o Estatuto de Autonomía de 1936”, “A década 1976-1986: problemática permanente e coxuntural”, “A nación galega e o nacionalismo: democracia e realismo histórico como eixos dunha teoría para a construción da nación”. Foi presidente do consello de administración de Promocións Culturais Galegas e presidente da Asociación Cultural de Vigo. Participou nos volumes colectivos Castelao sen manipulación (1984), A nosa literatura (1988), Historia de Galicia (1-2) (1991) e Doce anos na búsqueda da nosa identidade (1991), entre outros.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Celeirón, Asadur, Maceda