Cárdenas, Lázaro

Cárdenas, Lázaro

Político mexicano. Participou na Revolución Mexicana e foi partidario nun primeiro momento de Panchi Villa, para pasar despois ao constitucionalismo de Venustiano Carranza e Plutarco Elías Calles. En 1929 foi elixido presidente do Partido Revolucionario Nacional (PRN). Ocupou diversos ministerios desde 1931 a 1933 e foi Presidente da República entre 1934 e 1940. Impulsou a reforma agraria, secularizou o ensino, fortaleceu as organizacións sindicais, fomentou a industrialización do país e nacionalizou os monopolios petrolíferos. En 1938 reorganizou o PRN, transformado no Partido de la Revolución Mexicana e dividido en catro seccións: obreira, campesiña, popular e militar. Durante a Guerra Civil española apoiou a causa da República e acolleu en México os exiliados republicanos. Nos anos sesenta protagonizou un movemento de apoio ao réxime cubano.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Jilquilpán de Juárez, Michoacán

  • Deceso

    Lugar : Ciudad de México