Cardoso, Amadeu de Souza

Cardoso, Amadeu de Souza

Pintor portugués. Formouse na Academia de Belas Artes de Lisboa e en 1906 trasladouse a París onde traballou como debuxante e caricaturista. Coñeceu as propostas de Modigliani e do cubismo. Baixo a influencia de Delanunay, evolucionou cara á abstracción decorativa e colorista plasmada en Cavaleiros. En 1913 participou nos EE UU, xunto con outros artistas cubistas, na mostra Amor e Show. Regresou a Portugal en 1914 e axiña entrou en contacto co grupo futurista. As súas últimas obras estiveron marcadas pola mestura das propostas vangardistas europeas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Manhufe, Amarante

  • Deceso

    Lugar : Espinho