Carduel

Carduel

Cidade galesa, considerada na tradición literaria da materia da Bretaña como residencia frecuente do rei Artur. Aparece, sobre todo, nos textos franceses máis antigos e adoita identificarse con Carliste, cidade de Cumberland, ao norte de Inglaterra.