cargueiro
cargueiro
(< carga)
s
m
[MAR]
Barco destinado ao transporte de mercadorías. Coa aplicación da propulsión mecánica á navegación, comezaron a construírse barcos de maior velocidade especializados no transporte de pasaxeiros mentres os máis lentos se destinaban á carga. Máis tarde dotáronse dunha marcha máis rápida e camarotes para pasaxeiros, xeralmente dunha soa clase.