Cariacica
Cariacica
Cidade do estado de Espírito Santo, no Brasil (302.073 h [1995]). Situada preto do litoral, nunha das primeiras rexións colonizadas do Brasil, é un importante centro mercantil cunha área agrícola na que destacan os cultivos tropicais de plantación como café, cana de azucre e algodón.