cariátide

cariátide

(

s f [ARTE]

Estatua feminina que substitúe o fuste dunha columna ou pilastra, do mesmo xeito ca o atlante. Aínda que se coñecen exemplos moi antigos como o pórtico do templo-palacio de Tall-Halaf (s XI? a C), o seu uso estendeuse fundamentalmente na antiga Grecia co tesouro de Delfos (s VI a C) e o Erecteion de Atenas (s V a C). O seu uso perdurarou en época helenística e romana, e utilizouse de novo na arquitectura renacentista, barroca e neoclásica.

Palabras veciñas

cariante | cariar | Carías Andino, Tiburcio | cariátide | Caribdis | caribe | Caribe