cario -ria

cario -ria

(< topónimo Caria)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Caria ou aos seus habitantes.

  2. s [ETN/HIST]

    Natural ou habitante da antiga rexión da Caria, no SO da Asia Menor.

  3. s m [LING]

    Lingua falada polo pobo cario atribuída ao grupo asiánico. Coñécese a través de inscricións, descubertas no territorio da antiga Caria, que se remontan á época helenística; outras, máis antigas e máis numerosas, pertencentes aos carios instalados en Exipto, datan do s VII a C. A súa escritura componse de signos alfabéticos semellantes aos do alfabeto grego arcaico e signos, posiblemente silábicos, parecidos aos do silabario chipriota.

Palabras veciñas

Cariño, praia de | cariñoso -sa | Carintia | cario -ria | cario- | carioca | cariocinese