Carlos II o Calvo

Carlos II o Calvo

Rei dos francos (840-877) e emperador do Imperio de Occidente restaurado (875-877), fillo de Luís o Piadoso e de Xudite de Baviera. No 829 foille atribuída Alsacia como herdanza, feito que provocou a súa rivalidade cos seus medios irmáns. Ao morrer o seu pai no 840, a resolución da rivalidade quedou á sorte dunha batalla en Fontenoy-en-Puisaye (841) entre Lotario e Pipino II por unha parte, e Luís o Xermánico e Carlos o Calvo pola outra. Estes últimos, triunfantes, aliáronse nos xuramentos de Estrasburgo (842) e obrigaron a Lotario a aceptar, excluíndo a Pipino II, o Tratado de Verdún (843) que fraccionaba o Imperio en tres estados independentes. A Carlos correspondéronlle as terras situadas ao oeste do Meuse, o Saône e a cordilleira de Cévennes. O tratado provocou unha revolta de Pipino II que se mantivo ata o 864, ano en que foi apresado. Carlos nomeou sucesivamente reis de Aquitania os seus fillos Carlos o Infante e Luís o Tatexo. Derrotou definitivamente a Pipino II, que foi capturado e xulgado no 864. No Nadal de 875, o Papa Xoán VIII coroou emperador a Carlos o Calvo en Roma. A súa nova dignidade levouno a combater os alemáns, pero derrotouno o seu sobriño Luís o Novo en Andernach (876), e tivo que aceptar a capitulación de Quierzy (877). Sucedeuno o seu fillo Luís II o Tatexo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Frankfurt