Carlos III, orde de

Carlos III, orde de

Orde civil instituída en España por Carlos III en 1771 para conmemorar o nacemento do infante Carlos, fillo dos príncipes de Asturias. Púxose baixo a advocación da Purísima Concepción e aprobouna o papa en 1772. Premiaba as persoas que distinguían pola súa fidelidade ao monarca e os méritos persoais. Suprimida durante a Segunda República, repúxose en 1942.