Carlos IV

Carlos IV

Emperador romano-xermánico (1346-1378), rei de Bohemia (Carlos I, 1346-1378) e margrave de Moravia (1333-1378), fillo e sucesor de Xoán I de Bohemia. Bautizado co nome de Venceslau, modificouno na corte de Carlos IV de Francia en 1323. Elixido emperador en 1346, foi consagrado en Roma en 1355. Mantívose á marxe dos problemas de Italia e dedicoulle a súa atención a Bohemia. Explotou as minas de prata e fundou novas industrias como as de papel, cristal ou tinturas; embeleceu Praga e fundou a Universidade en 1348. En 1356 promulgou a Bula de Ouro. Incorporou a Bohemia unha parte do Alto Palatinado (1355) e a Baixa Lusacia (1367). En 1373 conseguiu Brandenburgo para o seu fillo Venceslau e adquiriu, por matrimonio, os ducados de Swidnica e Jawor, que completaron a anexión de Silesia a Bohemia. Os seus estados separáronse a consecuencia da división feita en 1377. Escribiu a súa autobiografía no libro Vita Caroli IV (A vida de Carlos IV).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Praga

  • Deceso