Carlos VII
Carlos VII
Emperador romano-xermánico (1742-1745), fillo do elector Maximiliano Manuel de Baviera. Casou con María Amelia, filla de Xosé I de Austria e sucedeu o seu pai en 1726. A pesar de ter xurado a Pragmática Sanción de 1713, á morte de Carlos VI (1740) fixo valer os seus dereitos na sucesión austríaca contra María Tareixa. Mentres o seu aliado, Federico de Prusia, tomaba Silesia, Carlos VII invadiu a Alta Austria e Bohemia e proclamouse arquiduque de Austria e emperador de Alemaña en 1742. María Tareixa, axudada polos húngaros, recuperou a Alta Austria e Bohemia, e invadiu Múnic dúas veces. Carlos VII recuperou o poder en 1744, pero morreu ao ano seguinte.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bruxelas -
Deceso
Lugar : Múnic