Carlos X de Francia
Rei de Francia (1824-1830), irmán de Luís XVI e de Luís XVIII. Ao comezar a Revolución Francesa emigrou e foi un dos dirixentes do realismo en Inglaterra desde 1795. En 1814 volveu a Francia, onde liderou o partido ultra. Á morte de Luís XVIII (1824) accedeu ao trono e levou a cabo unha política de implantación do absolutismo monárquico. Durante o ministerio de Polignac foron ditadas as ordenanzas de Saint-Cloud (1830), que disolvían a cámara, modificaban a lei electoral e suprimían a liberdade de prensa, disposicións que provocaron a Revolución de Xullo de 1830 e que o obrigaron a abdicar a favor do seu neto, o duque de Burdeos, e a exiliarse. Durante o seu reinado tivo lugar a toma de Alxer, que iniciou a expansión colonial francesa polo norte de África.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Versailles -
Deceso
Lugar : Gorizia