Carlyle, Thomas
Crítico, historiador e ensaísta escocés. Estudiou na Universidade de Edimburgo (1809-1813), da que foi reitor dende 1866 ata 1881. A súa primeira obra destacada, Life of Schiller (Vida de Schiller, 1825), está claramente influída, como toda a súa literatura, polo pensamento de autores como Kant, Goethe, Herder, Fichte, Schelling ou Hume. A continuación publicou History of French Revolution (Historia da Revolución Francesa, 1837), onde presenta a revolución como un proceso inevitable provocado pola conduta irresponsable da monarquía e da nobreza, Chartism (Cartismo, 1839), On Heroes and Hero-worship, and the Heroic in History (Sobre os heroes e o culto aos heroes, e o heroico na historia, 1841), onde mostra o seu espiritualismo aristocratizante que consideraba decisivo o papel do heroe na evolución histórica da humanidade, opoñéndose ao racionalismo e ao materialismo, Past and Present (Pasado e presente, 1843), Oliver Cromwell’s Letters and Speeches (Cartas e discursos de Oliver Cromwell, 1845), Life of John Sterling (A vida de John Sterling, 1851) e History of Frederick the Great (Historia de Federico o Grande de Prusia, 1858-1865). Postumamente, en 1887, apareceu a correspondencia que mantivo con Goethe.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ecclefechan -
Deceso
Lugar : Chelsea, Londres