Carmelo, monte

Carmelo, monte

Montaña de Israel, no mekhosot de Haifa, xunto á cidade de Haifa (650 m), rodeado pola baía do mesmo nome, no Mediterráneo, e regada polo río Émeq. Neste lugar localízanse numerosas covas con restos da época Paleolítica; ademais, a cova Maghārat al Skhūl proporcionou, dentro dun nivel musteriense, importantes restos antropolóxicos (esqueletos do monte Carmelo) que reúnen trazos anatómicos tanto do Homo sapiens neandertalensis como do Homo sapiens sapiens. Desde moi antigo foi sede do culto a Baal e tamén foi o escenario da discusión entre Elías e os sacerdotes de Baal narrada no Libro dos Reis, da Biblia. No s XII orixinouse alí a orde dos carmelitas, que conservou o nome do seu lugar de orixe.