carmesí

carmesí

(< hispanoárabe qarmazî <ár qírmiz ‘cochinilla’ < persa kirm ‘verme’)

  1. adx e s m

    Aplícase á cor vermella escura, tirando a violeta, e ás cousas que presentan esta cor.

    Ex: A cor da blusa non era carmesí, aínda que se parecía moito. Comprou un pantalón carmesí.

  2. s m [TÉXT]

    Tea de seda tinguida desta cor.

  3. s m [QUÍM]

    Pigmento de cor situado aproximadamente nunha lonxitude de onda de 7.200-7.500 Å no espectro das radiacións electromagnéticas. Correspóndese cun vermello vivo, de ton escuro e matiz azulado. A materia pigmentaria extráese dun insecto chamado quermes e produce unhas pastas pitóricas de consistencia líquida, de escaso poder cobertor e de pouca solidez baixo a acción da luz.