Carnatic

Carnatic

Rexión histórica da India, no altiplano de Deccan, que se estende dende os Ghates occidentais ata o golfo de Bengala. A agricultura e a gandería son as principais actividades económicas, complementadas co comercio de viño, trigo e azucre. Habitada por pobos de lingua karanesa, que corresponden en gran parte ao actual estado de Karnākata. Constituíu o imperio dos Vijayanagar (1300-1600); a partir deste último ano as sucesivas conquistas musulmanas reduciron a súa extensión e modificaron a súa localización. O nome empregouse tamén para designar a parte sur do Coromandel, no sudoeste da baía de Bengala, lugar onde se retiraran os Vijayanagar despois da súa derrota. O reino mantívose independente de Mysore ata a conquista británica en 1799.