Carnéades

Carnéades

Filósofo grego. Sucedeu a Arcesilao a partir do 156 a C e dirixiu a Academia Platónica na época denominada Academia Nova. Representante do escepticismo moderado, foi adversario de todo dogmatismo. Afirmaba que o home non pode distinguir dunha maneira absoluta entre as representacións verdadeiras e as falsas, polo que precisa dun criterio de verdade teórica e práctica, que se atoparía nas nocións do verosímil, o probable e o persuasivo. O seu discípulo Clitómaco difundiu as súas ideas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cirene