caro -ra

caro -ra

(< lat caru)

  1. adx
    1. Que ten un prezo elevado. Na tradición oral recóllense ditos como: “O caro é ás veces barato, e o barato adoita saír caro. Non hai cousa tan cara como a que con rogos se acada. O bo nunca é caro, e éo sempre o malo.” OBS: Cos verbos comprar, vender, custar, cobrar e outros pódese producir a transcategorización deste adxectivo a adverbio baixo a forma masculina singular.

      Ex: Comprou un coche caro que lle consome moito. O cava é unha bebida cara. Nesa tenda venden moi caro.

    2. Aplícase a un lugar onde a vida resulta cara.

      Ex: Viven nunha cidade cara.

  2. adx

    Que ten un prezo que sobrepasa o xusto e razoable.

    Ex: Non puiden comprar ese terreo porque nese prezo era caro.

  3. adx

    Que se obtivo con dificultades e desgustos.

    Ex: O proxecto foi caro de rematar.

  4. adx

    Que se ten en grande estima.

    Ex: Meu caro amigo, canto tempo sen verte!, Caras ilusións as dos tempos pasados!