Caro Baroja, Julio

Caro Baroja, Julio

Etnólogo, sociólogo e historiador. Entre os anos 1944 e 1954 ocupou a dirección do Museo del Pueblo Español de Madrid. Escribiu numerosos estudios sobre etnoloxía, historia, lingüística e, especialmente, sobre os costumes e folclore vascos. No campo da historia antiga destacan Los pueblos del norte de la Península Ibérica (1943), Los pueblos de España (1946) e Historia de la España antigua (1974). Tamén investigou os problemas da escritura e das linguas ibéricas dentro da Historia de España dirixida por Menéndez Pidal, e mostrouse prudente diante da teoría vasco-iberista. Nos seus estudios de etnoloxía popular peninsular sistematizou moitos aspectos do antigo folclore tradicional, como nas obras Los vascos (1949), Las brujas y su mundo (1961) ou Sobre historia y etnografía vasca (1983), entre outras. No campo da socioloxía histórica ocupouse especialmente das minorías, a miúdo perseguidas: Los judíos en la España moderna y contemporánea (1963) e Religión, sociedad y carácter en la España de los ss XVI y XVII (1978). A exposición e aplicación básica da súa metodoloxía recóllese en Las formas complejas de la vida religiosa (1978). En 1983 obtivo o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociales e en 1985 o Premio de las Letras Españolas. Foi membro da Academia de la Historia (1963) e da Real Academia Española (1985).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Madrid

  • Deceso

    Lugar : Vera de Bidasoa, Navarra