Carolina, La

Carolina, La

Municipio da provincia de Jaén, Comunidad Autónoma de Andalucía, na comarca de La Sierra (15.048 h [1996]). Está na vertente meridional de Sierra Morena e coincide cunha chaira entre as vertentes do río La Campana. É importante a actividade agrícola e gandeira pero predomina a industria alimentaria, a téxtil e a dos metais. Tradicionalmente foi lugar de explotación mineira (chumbo, prata). Fundouse durante a colonización de Sierra Morena, levada a cabo por Olavide (1767) en tempos de Carlos III.