Carpentaria, golfo de

Carpentaria, golfo de

Ampla badía do N do continente australiano enmarcada pola Terra de Arnhem, ao O, e a península do cabo York, ao L. Dentro da badía atópanse as illas Wellesey, o grupo das Sir Edward Pellew e a Groote Eylandt. A navegación polo seu interior é difícil debido á escasa profundidade.