Carpentier, Alejo
Escritor. Comezou a súa traxectoria profesional como xornalista, dirixiu a revista Carteles e participou na fundación de Avance, órgano da vangarda. Encarcerado polo ditador Machado, emigrou a París, onde se relacionou cos surrealistas, en especial, con Robert Desnos. Ao seu regreso a Cuba, en 1939, colaborou activamente na empresa cultural do goberno revolucionario de Fidel Castro. Interesado pola música, compuxo libretos para partituras do compositor Marius François Gaillard. Dun deles parte a súa primeira novela Ecué-Yamba-O (1933), á que seguiron El reino de este mundo (1949), cun prólogo onde expón a súa teoría do “real marabilloso”, que consiste nunha nova visión da novela histórica dende unha perspectiva máxica e paradoxicamente atemporal; Los pasos perdidos (1953); Guerra del tiempo (1958); El siglo de las luces (1962); El recurso del método (1974); Concierto barroco (1974); La consagración de la primavera (1978) e El arpa y la sombra (1979), entre outras. Da súa produción ensaística cómpre salientar La música en Cuba (1946), no que traza as orixes da música cubana, e Tientos y diferencias (1963), compilación de ensaios de enorme influencia na literatura hispanoamericana onde expón, entre outras, a súa teoría sobre o barroco americano: mestura desxerarquizada de estilos, que ten a súa orixe nas diversas culturas que ocupan o espazo americano.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : La Habana -
Deceso
Lugar : París