carpo
carpo
(
s
m
[ANAT]
Parte do esqueleto da man constituída por oito ósos dispostos en dúas filas. A superior formada polo escafoide, o semilunar, o piramidal e o pisiforme; a inferior polo trapecio, o trapezoide, o grande do carpo e o ganchudo. Estes ósos articúlanse entre eles: os da fila superior articúlanse coa extremidade inferior do radio e o cúbito, e os da fila inferior cos metacarpianos. Unicamente se articula o pisiforme co piramidal.