Carranza Garza, Venustiano

Carranza Garza, Venustiano

Político e militar mexicano. Participou na revolución contra Porfirio Díaz, ao lado de Madero (1910-1911). Á morte deste asumiu a dirección do exército constitucionalista, que entrou en México en 1914, e formou un goberno provisional. En 1916 convocou un congreso que proclamou a Constitución de 1917, e foi nomeado presidente da República. En 1920, a revolta da lexislatura de Sonora obrigouno a saír da capital. Foi asasinado polo exército do xeneral Herrera.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cuatro Ciénagas, Coahuila

  • Deceso

    Lugar : Tlaxcalantongo, Puebla