carraña

carraña

(< raíz preindoeuropea carr-)

  1. s f

    Bosta pegada a un animal.

    Ex: As vacas que había na feira estaban cheas de carrañas.

    Sinónimos: cascarra, cascarria, cazcarra. Confrontacións: cagarato.
  2. s f

    Sucidade pegada á pel ou á roupa dunha persoa.

    Ex: Caeume café na roupa e deixou un pouco de carraña.

    Sinónimos: cotra, lorda.
  3. s f

    Lixo que se atopa no interior das ventas do nariz.

    Ex: Límpalle as carrañas ó teu irmán.

    Confrontacións: moco.
  4. s f

    Substancia que se forma na comisura dos ollos, especialmente durante o sono, a causa da secreción de determinadas glándulas oculares.

    Ex: Vou ir ó médico porque espertei con moitas carrañas nos ollos.

    Sinónimos: lepa, lagaña, remela.

Palabras veciñas

carramelo -la | carramolo | carrán | carraña | carranca | carrancas | carranchapernas, a/ás