carrapucheiro -ra
carrapucheiro -ra
(< carrapucha)
-
adx e s
Expresión afectiva que se dirixe a alguén, especialmente aos nenos pequenos. OBS: Emprégase a miúdo coa forma diminutiva carrapucheiriño.
Ex: Tiñan unha nena e acaban de ter outro carrapucheiriño. As dúas enténdense ben porque son rapazas carrapucheiras.
-
s
f
[ANIMAL/ORNIT]
Aves da familia dos aláudidos que presentan unha curupela na cabeza.
Frases feitas
-
Meu carrapucheiriño!/Miña carrapucheiriña! Expresa afecto pola persoa á que se dirixe.
-
Ser unha moza carrapucheiriña. Aplícase á rapaza guapa e simpática.