Carrascal
Carrascal
Río afluente do Verdugo pola esquerda. Nace na vertente occidental da serra do Suído, na parroquia de Xesta, concello da Lama. O seu curso adopta unha dirección S-NO, por onde penetra na parroquia de Seixido, onde desemboca.