Carrero Blanco, Luis

Carrero Blanco, Luis

Almirante e político. Ingresou na Mariña de Guerra en 1918 e incorporouse no 1937 á Guerra Civil baixo as ordes do xeneral Franco. En 1940 realizou un informe no que recomendaba a neutralidade española na Segunda Guerra Mundial. Ocupou diversos cargos durante o franquismo como ministro subsecretario da Presidencia (1951), vicepresidente do goberno (1967) e presidente dende xuño a decembro de 1973, data na que morreu víctima dun atentado de ETA.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santoña, Cantabria

  • Deceso

    Lugar : Madrid