Carrillo Moreno, María
Carrillo Moreno, María
Actriz teatral e cinematográfica. Coñecida co sobrenome de Mary Carrillo, comezou no teatro, concretamente nas compañías de Hortensia Gelabert e Josefina Díaz. Exiliouse en México nada máis comezar a Guerra Civil española, onde rodou Don Juan (1937), a súa primeira aparición na gran pantalla. Aínda que a maior parte dos seus papeis son secundarios, protagonizou os filmes Marianela (1940), Fiebre (1943) e El pisito (1958). Outras das súas aparicións destacadas tiveron lugar en El crimen de Cuenca (1979) e La Colmena (1982). En 1995 decidiu retirarse da escena.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Toledo