Carrillo y Acuña, Pedro
Carrillo y Acuña, Pedro
Arcebispo de Santiago de Compostela (1655-1677), coñecido como Pedro VIII. Foi auditor do Tribunal da Rota, presidente da Real Chancillería de Valladolid e, desde 1649, bispo de Salamanca. Durante o seu arcebispado foi nomeado gobernador político e militar do Reino de Galicia. Mandou construír unha capela na que se colocou unha imaxe do Santo Cristo de Burgos e elaborou un proxecto para a creación dun seminario.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Tordomar, Burgos -
Deceso
Lugar : Santiago de Compostela