carro
(< lat carru ‘carro’)
-
s
m
ehículo de transporte movido por tracción animal. O carro tradicional está integrado basicamente por dúas partes: o chedeiro e o rodal. O rodal ou rodeiro está formado polas dúas rodas e o eixe, que forman unha soa peza para dar maior estabilidade ao conxunto. A roda consta de tres partes exteriores: o mión (tamén denominado minle, mil ou miñón) e as dúas cambas. Nas comarcas en que adoitan ser máis grandes poden contar con dúas pezas máis, as segundeiras, que van entre o mión e as cambas. Por dentro, co fin de unir as pezas anteriores, van as dúas rellas que atravesan por arriba e por abaixo do ollal o mión e as cambas, tamén as segundeiras, se é que as leva, e nalgúns casos algúns tornos. O canto está protexido por unha lamia (ferraxe ou ferra) consistente en dúas pezas de ferro cravadas na madeira con espetas (pugas, betoques ou agullas) ou ben un aro que se encaixa quentándoo e logo arrefriándoo para que axuste ben. As rodas podían ser lampas, coa madeira en contacto directo co chan, ás veces cunhas pezas supletorias, as lobetias, que se cambiaban ao desgastarse. En comarcas moi montañosas as lamias poden ter dentes, a xeito de engrenaxe, para que agarren mellor tanto ao subir como ao baixar. O chedeiro ou leito é a parte sobre a que vai a carga, e tamén por onde turran os animais. A armazón, chamada grade, está formada pola cabezalla (pino, pinallo, pezoeira ou cabezallo) situada no medio, e as dúas chedas laterais (pértegas) que por diante rematan uníndose; as cadeas (traveseiros, tesóns ou tesoiros) que atravesan as tres anteriores formando a estrutura de grade (leito, soallo ou mesa) e os tizóns, que se diferencian das anteriores en que non saen para fóra das chedas; e, sobre todos eles, vai o piso de táboas. A cabezalla leva unhas furas na dianteira para meter a chavella que suxeita o loro ou temoeiro do xugo, e tamén un puntal (baldón, tentemozo, mozo ou tensón), para manter incorporado o carro cando se carga ou descarga. Por debaixo das chedas e nun lugar preciso para que o carro quede ben equilibrado, van as cantadeiras ou buxas, formadas polas chumaceiras (coucillóns ou coucóns), co rebaixe en semicírculo para que rode o eixe, suxeitas a cada lado por un par de treitoiras (dentoiras ou apeladoiras) que se axustan máis ou menos, e das que depende o canto do carro. As chedas levan as correspondentes furas para os estadullos (fungueiros, fumeiros ou fueiros), que poden ir sós ou termar dos ladrais (canizas, curripas ou ladrairos) cando se transportan cousas miúdas. Cando se trata de cargas que ocupan moito espazo pero pesan pouco, como é o caso do feo, ademais dos estadullos máis altos, pónselles diante un fumeiro especial en forma de galla, denominado nalgúns sitios bueiro. Os carros máis correntes son os de dous animais (unha xogada de bois ou unha parella de vacas), pero tamén os hai para un (xeralmente unha vaca). Este último tipo carece de cabezalla e presenta no seu lugar dúas chedas ou varas, entre as que vai o animal; as rodas son máis pequenas e lixeiras. Na construción do carro poden empregarse diversas madeiras, pero a máis habitual é a de carballo para as rodas, o freixo para o eixe, o carballo ou o bidueiro para o chedeiro e as chedas, o sanguiño, bidueiro ou salgueiro para as treitoiras, e calquera outra para as táboas da mesa ou soallo. O uso deste tipo de carro estendíase por toda Galicia, así como polas terras limítrofes de Asturias, León, Zamora e Portugal. Obsérvanse pequenas diferencias entre os dalgunhas zonas, que afectan, en particular, á forma do chedeiro e ás rodas. No primeiro caso depende das chedas, que poden rematar máis ou menos apuntadas por diante. Polo que se refire ás rodas, a característica máis destacada son as galgas -os ocos das rodas-, que varían segundo o tamaño, así como a forma, que pode ser de medio círculo ata un pequeno círculo completo. Canto máis galga teña, máis lixeira é a roda e, pola mesma razón, pode subir mellor, pero é menos resistente. Modernamente, o carro sufriu unha radical transformación, que afectou tanto ás rodas como ao chedeiro, no que a madeira foi substituída polo ferro, e quedou practicamente convertido nunha peza de museo. Os estudios máis completos sobre este vehículo débense ao antropólogo Xaquín Lorenzo. O carro usouse en Mesopotamia (cara ao 3000 a C) e pouco tempo despois, en Exipto. O carro lixeiro, tirado xeralmente por dous cabalos, empregouse enseguida para a guerra e mesmo, entre a aristocracia, para a caza. O carro pesado, para o transporte, esixía mellores camiños e xeneralizouse máis tarde; anteriormente, empregábase o sistema de transporte en besta de carga. Na Europa mediterránea os primeiros carros coñecidos son os da Grecia micénica. Os pobos indoeuropeos, especialmente os célticos, utilizaron os carros nos rituais funerarios e aparecen con frecuencia nas súas tumbas. O tipo de carro galego, ben documentado iconograficamente na Idade Media, era igual a como chegou ata os nosos días e, en particular, ata mediados do século XX.
-
s
m
Pequeno vehículo de catro ou dúas rodas, movido de forma manual para transportar pequenas cargas.
Ex: No supermercado sempre collo un carro para facer a compra.
- s m
-
s
m
-
Carruaxe lixeira para a guerra, os desfiles e outros usos, aberta por detrás e tirada por dous ou catro cabalos, na que o condutor se mantiña dereito.
-
carro de combate
Vehículo militar acoirazado e armado para o combate.
-
carro falcado
Carro de guerra antigo coas rodas gornecidas de gadañas para esnaquizar os inimigos ao seu paso.
-
-
s
m
Armazón provista de rodas ou corredeiras, construída en madeira ou metal, que serve para soster e transportar un canón ou unha arma de fogo portátil.
-
s
m
-
Mecanismo dotado de movemento de translación que transporta unha ferramenta ou calquera outro elemento dun lugar a outro nunha máquina.
-
Peza da máquina de escribir que avanza horizontalmente para mover o papel a medida que se pulsan as teclas.
-
[GRÁF]
Bastidor de ferro sobre o que se coloca a forma que se vai imprimir e que corre polas bandas da máquina.
-
-
s
m
[MAR]
-
Aparello xiratorio de madeira ou doutro material que se emprega nas embarcacións de pesca para largar e recoller as redes.
-
Armazón de táboas sobre a que se deposita unha embarcación para efectuar o seu transporte ou garantir a súa seguridade contra o deterioro nas temporadas en que está varada en terra.
-
Anaco de madeira situado no fondo da proa da dorna empregado para inclinar máis ou menos o pau da vela segundo a forza e dirección do vento.
-
-
s
m
[ZOOL]
Parte do exoesqueleto que cobre o cefalotórax dos crustáceos decápodos.
-
s
m
[METROL]
Medida de capacidade para áridos que oscila entre 25 e 125 feixes.
-
[ASTRON]
-
s
m
Nome popular da constelación da Osa Maior. OBS: Xeralmente escríbese en maiúscula e tamén se denomina carro do ceo.
-
carro pequeno/das estrelas/carriño
Designación popular que recibe a constelación da Osa Menor.
-
s
m
Frases feitas
-
2 Deixar encinta a unha muller.
-
Botar polo carro. Empurrar o carro nun paso difícil.
-
Carro anteposto. Expresión que se usa para indicar que o carro vai pesando máis na parte dianteira, que vai baleiro ou que ninguén guía a xugada.
-
Como se cantase/rousase un carro. Sen prestar atención.
-
Endereitarse o carro. Tomar un asunto un cariz favorable.
-
Entornárselle o carro a alguén. Dar a luz a muller de alguén.
-
Non andar o carro. Quedar un negocio paralizado.
-
Non poder tirar por ese carro. Ter dificultades para realizar algo.
-
Non saír o carro do carpinteiro. Andar seguido un vello no médico.
-
Poña Deus a man nun carro! Pedir que Deus axude para algo.
-
Poñer o carro diante dos bois/antes ca os bois, poñer os bois antes ca o carro. Facer as cousas ao revés ou de forma precipitada.
-
Poñer o carro diante dos ollos. Facer ou dicir calquera cousa desatinada.
-
Ser das que botou o demo pola cueira do carro. Ser unha muller brava.
-
Ser máis torto ca as cambas do carro/ser retorcido como a(s) camba(s) do carro. Actuar de mala fe ou ter un carácter moi difícil.
-
Ser un carro cansón. Ser moi lento.
-
Tal é o carro como os estadullos/fumeiros. Expresan coincidencia entre as características de dúas persoas, xeralmente en sentido negativo.
-
Torcerse o carro. Tomar un xiro adverso o asunto.
-
Untar o carro. Subornar a alguén.
-
Vai tirar dun carro! Díselle a alguén cando amola ou non quere razoar.
-
Cargar o carro. 1 Embebedarse.
-
Dar cambón ao carro. Aumentar unha ou dúas parellas de bois á xunta que tira por el.
-
Deixa andar o carro coas rodas! Expresa indiferenza ou desentendemento.
-
Falo eu ou renxe o carro?/Fala un tolo ou renxe o carro? Expresión que se usa para requirir a atención dos demais.
-
Non vai no meu carro á misa. Aplícase a unha persoa que non resulta agradable ou da que non se pode fiar un.
-
Parar o carro. Deterse ou conterse ao facer ou dicir algo.
-
Pórse alguén ao carro. Comezar a traballar.
-
Ser coma un carro ferrado. Ser moi sólido física e moralmente.
-
Tirar do carro. Axudar a alguén nalgún traballo.
Refráns
- O carro que renxe sempre alegra ao carreteiro.
- O que han cantar os bois, vaino cantando o carro.
- O que non canta o carro, cántano as dentoiras / treitoiras.
- O que non unta o carro, quédase, ás veces, na corredoira.
- O que queira vivir co carro, que o leve sempre ao seu coidado.
- Quen o carro unta, aos seus bois axuda.
- Se queres que o carro cante, mollalle o eixo no río.