Carro García, Santiago
Médico. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor pola Universidad de Madrid. En 1914 nomeárono profesor do Instituto Rubio de Madrid e publicou Regímenes alimenticios de las enfermedades del aparato digestivo y de la nutrición, premiado pola Real Academia de Medicina, da que entrou a formar parte en 1934. Participou nas I Jornadas Médicas Gallegas (1929) co traballo La úlcera duodenal latente. A partir de 1936 traballou sobre os cancros gástricos e intestinais, as hernias diafragmáticas e sobre a alimentación humana en xeral. Colaborador de publicacións especializadas, como a Revista Ibero-Americana de Ciencias Médicas, ou España Médica, participou na dirección de revistas médicas, como a Revista Médica Gallega. Ocupou a secretaría xeral da Academia Médico-Quirúrgica Española e a presidencia da Sociedad Española de Patología Digestiva y de la Nutrición. Foi procurador nas Cortes franquistas, en representación das Reales Academias.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santiago -
Deceso
Lugar : Madrid