Carro García, Xesús

Carro García, Xesús

Historiador da Arte. Estudiou na Universidade Pontificia Compostelá e foi ordenado presbítero en 1909. Interesouse pola arqueoloxía da man de Oviedo Arce. En 1916 nomeárono secretario da sección de historia e arqueoloxía galegas da Real Sociedad de Amigos del País de Santiago e en 1925 membro correspondente da Real Academia Galega, da que sería numerario en 1940. Fundador do Seminario de Estudos Galegos, encargouse dende 1928 da sección de arqueoloxía e historia da arte e participou no equipo de Terra de Melide, obra colectiva na que foi responsable da parte de arqueoloxía relixiosa. Subvencionado pola Junta de Ampliación de Estudios, entre 1928 e 1931 perfeccionou os seus coñecementos en diversos museos de Francia, Inglaterra e Alemaña. En 1935 foi nomeado membro correspondente do Instituto Español de Estudios Medievales e en 1938 a Junta Técnica del Estado designouno delegado para informar sobre a arte relixiosa compostelá. En colaboración con Sánchez Cantón e Pedret traballou na recuperación do legado do Seminario de Estudos Galegos e na fundación, en 1944, do Instituto Padre Sarmiento, no que dirixiu a sección de estudios composteláns e da peregrinación. Colaborou en diferentes publicacións como Galicia, Logos, Spes e Arqueología y Arte, onde publicou artigos referidos a temas xacobeos e composteláns. É autor de Las catedrales gallegas (1950), Estudios jacobeos (1954) e A peregrinaxe ao Xacobe de Galicia (1965). Colaborou con K. J. Conant na obra The Early Architectural History of the Cathedral of Santiago de Compostela (Temperá historia arquitectónica da catedral de Santiago de Compostela, 1926). Ademais, foi guionista da película francesa Chemins de Compostelle (Camiños de Compostela, 1953). En 1961 nomeárono membro correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. En 1965 recibiu a orde de Afonso X o Sabio, e en 1972 a Medalla de Ouro ao mérito cultural.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela

  • Deceso