Carroll, Leo G.

Carroll, Leo G.

Actor cinematográfico británico. Debutou no teatro en Londres e Nova York no ano 1912; de aí pasou a Hollywood, onde participou a partir dos anos trinta nalgunhas películas de éxito. Protagonizou para a televisión a serie Topper. Entre os seus filmes destacan: The Barretts of Wimpole Street (As virxes da rúa Wimpole, 1934), Wuthering Heights (Cumes borrascosos, 1939), Rebecca (1940), The Paradine Case (O caso Paradine, 1948), The Swan (O cisne, 1956) e From Nashville with Music (Dende Nasville con música, 1969).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Weedon

  • Deceso