1 carteira

1 carteira

(

  1. s f

    Utensilio de pel, plástico ou calquera outro material flexible, provista no seu interior de compartimentos para gardar billetes, moedas, tarxetas ou documentación.

    Ex: Creo que teño os seus datos nunha tarxeta na carteira.

    Confrontacións: billeteira.
  2. s f

    Bolsa de cartón, coiro, plástico ou doutro material, con tapa e xeralmente con asa, que serve para levar libros, cadernos, papeis ou obxectos semellantes.

    Ex: Leva os libros ó colexio nunha carteira amarela. Comprou unha carteira para non andar cos papeis na man.

    Sinónimos: cartafol, cartapacio.
  3. [POLÍT]
    1. s f

      Cargo e funcións dun ministro.

      Ex: O anterior presidente do país agora leva a carteira de economía e facenda.

    2. ministro sen carteira

      Persoa que forma parte do goberno coa categoría de ministro, pero que non ten ao seu cargo ningún ministerio.

    1. s f [ECON]

      Conxunto de valores e outros efectos comerciais que forman parte do activo dunha empresa ou dun banco.

      Ex: A carteira de valores dese banco é a que máis oportunidades de negocio ofrece.

    2. s f

      Conxunto de contratas ou pólizas de seguros e de operacións de reaseguramento.

      Ex: A calquera comercial do sector lle gustaría ter a súa carteira.

    3. carteira de pedidos

      Conxunto dos encargos pendentes de cumprimento como mercadorías, produtos ou servicios que os clientes demandan das entidades comerciais ou industriais.

Palabras veciñas

Cartaya | cartear | Carteia | 1 carteira | 2 carteira | Carteire | carteirista