carto
(< lat quartu ‘cuarto’)
-
s
m
Diñeiro cuñado en metal ou en papel cun valor determinado polos responsables bancarios que se emprega para os intercambios comerciais. OBS: Emprégase normalmente en plural.
Ex: Non sei se terei algún carto solto por aí. Pensa que é moita cousa porque ten moitos cartos.
-
s
m
[NUMIS]
Moeda feita primeiro de billón e despois de cobre, cuñada en Castela desde o s XV ata o XIX, cun valor de catro marabedís.
Frases feitas
-
Arrendar a cartos. Arrendar terras pagando en cartos.
-
Ter catro cartos. Ter moito ou pouco diñeiro segundo o contexto no que se diga.
-
Carto a carto. Expresa a miseria con que se paga algo.
-
Carto sobre carto. Todo o diñeiro sen faltar nada. Cartos miúdos. Diñeiro en moeda solta.
-
Estar un sen un carto. Ter poucos cartos.
-
Facer o carto. Gañar moitos cartos.
-
Que terma dos cartos/ser un carto no cu. Persoa avarenta.
-
Ter cartos. Ser moi rico.