Caruzzi, Jacopo
Caruzzi, Jacopo
Pintor italiano. Coñecido como il Pontormo, formouse no obradoiro de Andrea del Sarto con quen colaborou entre 1520 e 1521 na decoración do pórtico da igrexa da Annunziata de Florencia e da Villa Medicea del Poggio en Caiano. Afastouse da liña clasicista do seu mestre e sentiuse atraído polos gravados de Dürer e pola pintura de Michelangelo. Cultivou nun estilo elegante, característico da escola manierista de Florencia, as formas sinuosas case inmateriais, executadas con contornos precisos e cun rico cromatismo de tonalidades frías. Entre as súas obras destacan O Descendemento (1526), A Visitación (1530?) e os retratos de Ugolino Martelli e Cosimo de Medici.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pontormo -
Deceso
Lugar : Florencia