Casa Arines

Casa Arines

Edificación situada no centro histórico de Vigo, entre a praza de Almeida e a rúa Real. Construída en estilo renacentista a finais do s XV ou principios do s XVI, consta dun corpo rectangular feito en granito e a falta de adornos dos muros rómpese coa presenza de dous escudos: un cadrado coas armas dos Fitado e outro curvo coas dos Pazos de Figueroa. Na fachada sur está situado un balcón apoiado en ménsulas de pedra. A rehabilitación, realizada en 1997, para acoller o Instituto Camões afectou tamén á torre ou casa de Ceta, á casa dos Pazos de Figueroa e a unha pequena casa da rúa Real. Todo o conxunto conforma o local da institución portuguesa que conta con biblioteca, aulas, salas de exposicións, cafetería e dependencias administrativas.

Palabras veciñas

casa | Casa | Casa Alfredo | Casa Arines | Casa Branca, A | Casa Branca, pazo de | Casa da Conga