Casablanca

Casablanca
[IMAX]

Produción cinematográfica norteamericana realizada en 1942. Foi dirixida por Michael Curtiz e interpretada por Ingrid Bergman, Humphrey Bogart, Claude Rains e Paul Henreid. Trátase dunha historia de amor entre dous antigos amantes que se volven reunir no café de Rick, en Casablanca, no marco da Segunda Guerra mundial. A protagonista busca desesperada un pasaporte que lle axude ao seu marido, xefe da resistencia, a saír do país. Despois dalgunhas vicisitudes, Rick, o seu ex-amante, consegue os documentos que precisan. Foi gañadora dos Oscar á mellor dirección, mellor película e mellor guión adaptado.