Casal, Xulio Xosé

Casal, Xulio Xosé

Escritor. Exerceu o cargo de cónsul do Uruguay na Coruña dende 1913 a 1926. Fundou, xunto con outros representantes consulares, a Asociación Regional Hispano-Americana ou Casa América-Galicia, encargada de fomentar o intercambio económico entre o continente e Galicia. A partir de 1920, esta asociación publicou un boletín que co tempo se convertería na coñecida revista Alfar, onde participaron numerosos intelectuais galegos. Ao seu regreso a Montevideo, seguiu cooperando co centro galego desa cidade e na Casa de Galicia. Colaborou nos xornais La Nación e Nosotros, de Bos Aires; La Gaceta Literaria, de Madrid; e La Cruz del Sur, de Montevideo. Publicou, entre outros, os poemarios: Nuevos horizontes, Huerto maternal, Humildad, Cincuenta y seis poemas e Colina de la música. Como editor fundou a Biblioteca Alfar, que produciu máis de cincuenta títulos e na que o   sucedeu o seu fillo Xulio Casal Muñoz.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Montevideo

  • Deceso