Casal Paz, Luz
Casal Paz, Luz
Cantante. Na súa infancia trasladouse coa súa familia a Asturias, e en Gijón realizou a súa primeira actuación. Comezou no grupo de rock Los Fannys e, posteriormente, en Madrid, fixo coros en gravacións discográficas e foi acompañante vogal en directo de Juan Pardo. En 1980 publicou o seu primeiro traballo, El ascensor, e en 1981 participou no disco en directo do grupo Leño. Realizou numerosas xiras por Europa e Hispanoamérica e traballou xunto a Miguel Ríos e Paco Trinidad, entre outros artistas. Na súa discografía destacan os títulos: Luz (1982), Los ojos del gato (1984), Quiéreme aunque te duela (1987), Luz V (1988), Como la flor prometida (1994) e Un mar de confianza (1999).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Boimorto