café
(
-
s
m
[PLANTA]
cafeeira.
-
s
m
Semente liberada do resto do froito en baga da cafeeira. Utilízase desde o s VIII, primeiro como alimento e despois como bebida fermentada, medicina e infusión. No proceso de obtención, despois de sacar a polpa e tras unha fermentación espontánea, lávase e o gran queda libre, pasando logo a un secado. Os grans son ásperos e amargos e non se adoitan consumir de forma natural. OBS: Tamén se denomina café verde.
Ex: Hai xente que opina que o mellor café é o colombiano.
-
s
m
[ALIM]
Bebida feita por infusión ou cocemento de sementes torradas a 210°, machucadas ou moídas da cafeeira (xénero Coffea). É tónica, estimulante e moi aromática. Parece orixinaria da rexión abisinia de Kaffa, onde xa se coñecía antes do s XIII, consumida como froita e despois como alimento enerxético, en forma de pasta de sementes mesturadas con graxa animal. Foi no s XIII cando se empezou a torrar o gran. Daquela, xa se coñecía en Siria e Exipto. Entrou en Europa por medio dos mercadores de Venecia no s XIV, foi considerada nun principio bebida pecaminosa, porque procedía do mundo islámico, e aínda que o Papa Clemente VIII a bendiciu, enseguida pasou de moda, e non volvería a consumirse ata despois do sitio de Viena por parte dos otomanos en 1683. Cando os turcos otomanos se retiraron, abandonando nos seus campamentos moitos sacos de café, o espía polaco Georg Kolschitzky, que coñecía o segredo da súa preparación xa que fora anteriormente mercenario ao servizo destes e combatera nesta ocasión de parte dos austríacos, pediunos para si e con eles abriu a primeira cafetería de Europa, Die blaue Flasche (A botella azul). Como non tivo o éxito inicial agardado, acordou botarlle tona de leite á bebida para suavizala, dando orixe ao café vienés. Pouco despois as cafeterías (en competencia coas chocolaterías) estenderíanse por toda a Europa continental, onde hoxe é tal vez a bebida máis popular. Cultívase nas partes altas dos países ecuatoriais e tropicais, sendo o primeiro produtor mundial Brasil, seguido de Colombia, México, Indonesia, Costa de Marfil e Etiopia. Hai dúas especies principais, a C. arabica, procedente de Etiopia, que ten como variedade máis famosa o moca, destacando tamén o xava e o brasileira nacional, e a C. robusta, procedente de Indonesia. Os cafés comerciais son mesturas de variedades que buscan equilibrar sabor, aroma e corpo, coa excepción do blue montain de orixe xamaicana. Preséntase ao consumidor torrado, torrefacto (resultado de engadir un pouco de azucre ao gran durante o proceso de torrado), mesturado (o habitual nas cafeterías, cunha proporción de dúas partes de torrado por cada unha de torrefacto), soluble (deshidratado por liofiliación) ou descafeinado (variedade do soluble ao que se lle extrae o 97% do excitante cafeína por un sistema de lavado e posterior secado tralo moído). Ademais da clásica infusión, tamén se prepara a presión en máquinas cafeteiras (café expreso), e son famosas algunhas receitas de café como o vienés, o capuchino (azucrado, con leite de maneira que faga escuma e salpicado de canela), o turco (en auga azucrada, fervido tres veces e servido repousado), o bombón (azucrado e con leite condensado), o galego (con augardente), o irlandés (con whisky quente e azucre moreno), o carajillo (con brandy quente e azucre), os cafés fríos (como o ruso, o branco e negro ou o cubanito), etc. É moi habitual tomalo con leite; cando leva pouco leite denomínase café cortado. Tamén se emprega frecuentemente como aromatizante en repostería, sendo famosas algunhas preparacións que o inclúen, como o tiramisú. Forma parte definitoria na elaboración dalgúns licores, como o tan popular en Galicia licor café, o catalán cremat, o turco pasha e os licores americanos do tipo dos Kahlúa e Tía María. En Galicia existen numerosas empresas elaboradoras de café (Alberte, Campinas S. Paulo, Cumbre, Do Noso, El Trópico, Las Candelas, Monterreal, etc) que compiten coas multinacionais que dominan o sector, especialmente a empresa suíza Nestlé.
-
-
café concerto /
[ESPECT/MÚS]
Establecemento onde se representaban números musicais e de canto enriba dunha tarima ou dun escenario, mentres o público tomaba as súas consumicións. Estiveron de moda en Europa e a súa decadencia produciuse despois da Primeira Guerra Mundial.
-
s
m
Establecemento, con mesas servidas por camareiros, onde se serve esta bebida e outras como refrescos ou licores. Xa no s XV existía en Arabia esta venda pública de café. Pasou logo a Turquía e na metade do s XVII a Europa, a través de Venecia. En España os primeiros cafés xurdiron na segunda metade do s XVIII; xa no s XIX e ata ben entrado o s XX destacaron como centros de debate cultural e de reunión política, sobre todo a partir da época romántica, momento no que se creou a figura do café-faladoiro. Foron o lugar de encontro das tertulias artísticas e literarias. Cómpre destacar establecementos como o madrileño Café Gijón, que fixaría a imaxe máis clásica para estes locais. En Galicia este ambiente aínda se deixa sentir en cafés como o santiagués Derby, o lugués Central ou o pontevedrés Carabela, entre outros. A partir da década dos corenta creáronse establecementos máis polivalentes que ofertan servizo de café, bar (café-bar) e, frecuentemente, pratos combinados.
Sinónimos: cafetería. -
café teatro
[ESPECT]
Modalidade teatral que ten a súa orixe en París, na inauguración do local La Vieille Grille (1961), onde se realizaban espectáculos poéticos e musicais, e que se consolidou como tal coa apertura de Le Royal (1966), o primeiro café teatro que levou este nome. Antigamente, representábanse espectáculos en espacios afíns, pousadas, mesóns, tabernas ou merendeiros. Considéranse precursores en Europa os cafés de filósofos do s XVIII e o cabaré. En España, o precedente máis inmediato foi a creación dos cafés especializados, na súa maioría, no xénero chico, ao longo do século XIX. O café teatro contemporáneo, sen constituír un xénero dramático novo, nin un tipo orixinal de escenografía, é resultado dun conxunto de limitacións económicas que impoñen un estilo bastante uniforme no que respecta á clase de obras e á súa representación: o escenario adoita ter pequenas dimensións, polo que o número de actores debe ser reducido; o público sitúase rodeando o escenario, co que se establece unha relación de gran proximidade entre actores e espectadores; a escenografía é elemental e, polo tanto, os monólogos, a pantomima e a actuación do actor convértese no elemento máis importante. Os espectáculos son breves, maioritariamente de carácter social e ton satírico, aínda que tamén son habituais as montaxes de textos poéticos. Xurdido como alternativa ao teatro oficial e dirixido a un público novo oposto ao gusto burgués, abre a posibilidade de estrear creacións de autores noveis. Gozou dunha certa importancia en Nova York, Londres e París, cidade onde chegaron a contabilizarse trinta locais en 1978 e onde aínda se mantén a tradición. Co tempo recobrou parte da súa anterior vitalidade con espectáculos de pequeno formato e funcións baseadas na recuperación da nosa tradición oral. En Galicia, a Compañía de María realizou dúas montaxes semellantes ás actividades do café teatro, na pretensión de facer espectáculos baratos e efectivos para o público: Fisterra Broadway e Amén (1990-1995), escritas por Xavier Picallo.
-
café concerto /
[ESPECT/MÚS]