casamata
casamata
(< ital casamatta)
s
f
[BÉL]
Construción blindada cuberta por unha bóveda de formigón ou de aceiro con seteiras e de dimensións reducidas que se utilizaba para protexer armas pesadas e, excepcionalmente, para acoller tropas. Comezou a empregarse durante o s XV. Na Idade Media as casamatas eran casetas móbiles, xeralmente provistas de rodas, que se usaban como protección para achegarse ás fortificacións.