Casas Pasarín, Luís
Xogador e adestrador de fútbol. Comezou a xogar como defensa no Atlético Pontevedrés, de onde pasou ao Real Fortuna de Vigo. En agosto de 1923 converteuse en xogador do Real Club Celta de Vigo, debido á fusión do Fortuna co Real Vigo Sporting. Co equipo céltico, Pasarín acadou a condición de xogador internacional e representou a España nos Xogos Olímpicos de París 1924. A súa etapa como xogador céltico concluíu trala primeira tempada da Liga española (1928-1929), despois de que o club vigués renunciase a participar na competición da campaña seguinte. Por esta razón, Pasarín só chegou a disputar, como céltico, 10 dos 18 partidos da primeira Liga, e rematou a súa carreira profesional en 1935 no Valencia CF. Adestrou, entre outros equipos, o Celta, o Granada, o Málaga, o Plus Ultra de Madrid, o Oviedo, o Valencia e a selección española en dúas etapas (1946 e 1952).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pontevedra -
Deceso