Casas Rey, Víctor
Xornalista, actor e político. Iniciou a súa andaina política como asinante do Manifesto da Asembleia Nazonalista de Lugo en novembro de 1918. Foi membro fundador do Partido Galeguista e formou parte do consello executivo da Asemblea Constituínte do partido, no ano 1931. Como actor mantivo unha longa traxectoria, vinculado ao cadro de declamación da Irmandade da Fala da Coruña e á Escola Dramática Galega. Participou en diversas montaxes teatrais, entre as que destaca A man da Santiña, estreada polo Conservatorio Nazonal de Arte Galego en 1919, da man das Irmandades da Fala. O seu contacto co xornalismo comezou en A Nosa Terra como administrador. Nunha nova etapa, na que o xornal serviu de voceiro do Partido Nacionalista, foi un asiduo colaborador e chegou a ser o seu director. Publicou tamén artigos sobre teatro no xornal El Pueblo Gallego, que destacan pola presentación de propostas innovadoras para a produción e exhibición teatral. Durante os primeiros momentos do alzamento detivérono e acusárono de intervir as comunicacións dos cuarteis sublevados; despois morreu fusilado.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña -
Deceso
Lugar : Pontevedra